VIII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Ultimando xa os detalles da oitava edición desta actividade, acabamos de remitir aos centros de ensino de toda Galicia e a outras entidades a información pertinente para que podan organizar a súa participación neste evento.

CartazEncontroCabreiros2014

No corpo desta mensaxe electrónica figura o seguinte texto:

Estimadas amigas e amigos:

Dende Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional, comprácenos comunicarvos a convocatoria do:

VIII ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS

Dito evento terá lugar no Campo de Fútbol e Área Recreativa de Cabreiros (Concello de Xermade, Lugo) o sábado 31 de maio a partires das 11:00 h.

Nos arquivos adxuntos atoparedes o cartaz da actividade e a ficha de inscrición, a cal deberá ser remitida debidamente cumprimentada polos centros participantes antes do 30 de Abril ó noso enderezo de correo electrónico: brinquedia@brinquedia.net

Así mesmo, poderedes seguir a actualidade e as novas relacionadas con esta actividade na nosa páxina web: www.brinquedia.net , onde en vindeiras datas iremos engadindo novidades deste evento. A ligazón directa ó apartado do Encontro Escolar é a seguinte: http://brinquedia.net/web/?page_id=1294 , onde poderedes atopar máis información ó respecto desta actividade.

Polo tanto, considerádevos convidados e convidadas a participar nesta actividade en torno ó xogo tradicional.

Ademáis, agradeceriamos a vosa colaboración na difusión desta actividade entre todas aquelas institucións (ANPAS, asociacións, Concellos, etc.) e persoas ás que lles interese gozar dunha actividade deste tipo.

Recibide un atento saúdo.

Xose Manuel Barreiro Ínsua.

Presidente de Brinquedia

Deixa unha resposta