O pasado xoves, membros de Brinquedia desprazáronse ata o CIFP Ánxel Casal de A Coruña para realizar a formación de parte do voluntariado que este ano levará os xogos da mañá.
Así, alumnado dos ciclos de Formación Profesional de Animación Sociocultural e Turística e de Educación Infantil tiveron contacto cunha parte dos xogos que quedaban por cubrir.
Cómpre lembrar que tamén contaremos con voluntariado que foi formado o ano pasado tanto neste centro coruñés coma no CIFP Ferrolterra e que, a pesares da cancelación do evento por mor das inclemencias meteorolóxicas, desexan participar nesta segunda tentativa de levar o Encontro a terras de San Sadurniño.
Só nos queda agradecer encarecidamente tanto a esta xente nova coma ao profesorado que a acompaña a súa participación no Encontro, xa que sen a súa implicación a celebración do mesmo atoparía serias dificultades para poder ser levado a cabo.