Arquivos mensuais: Maio 2019

Vídeo resumo da VIII Xornada de Xogo Tradicional Galego/Portugués.

Esta actividade, organizada por Ponte …Nas Ondas! coa colaboración da Câmara Municipal de Melgaço, desenvolveuse o pasado venres tal e como informamos hai ben pouco.

Cómpre destacar a elevada participación de alumnado, xa que preto de 1000 rapaces e rapazas de ámbalas dúas beiras do Miño estaban citados a participar.

Pois ben, xa hai un pequeno vídeo que resume a actividade. Pódese visualizar facendo clic na seguinte imaxe:

VIII Xornada do Xogo Tradicional Galego/Portugués.

Mañá venres 24 de maio terá lugar en Melgaço esta actividade, organizada por Ponte … Nas Ondas!

A partires das 10:00 da mañá, preto de 1000 escolares de ámbalas dúas beiras do Miño participarán en diferentes xogos e actividades, os cales atópanse recollidos nunha presentación na súa páxina web e que podedes consultar facendo clic na seguinte imaxe:

 

FINALB (Final da Liga Nacional de Billarda).

Este marabilloso proxecto social, cultural e deportivo conseguiu unha tempada máis (e xa van unhas cantas dende 2005) manter viva a práctica da billarda (tamén chamada estornela ou pateiro en varias zonas de Galicia).

Despois de 9 meses de competición en tres Conferencias LNB e tras disputarse 49 xornadas cun total 300 xogadores e xogadoras e 19 equipos , chega a FinalNB 2019.

Nesta final participarán as persoas clasificadas para disputar o Título Nacional en cada unha das cinco categorías: Infantil, Varados, Equipos, Féminas e Absoluta.

Dende as 11:00 h o espectáculo está garantido sobre a terra do Campo de Fútbol Manuel Paz do Castiñeiriño, en Santiago de Compostela.

Como nos transmiten dende a organización, “os mellores xogadores de billarda do universo poñerán afán e forza nesta misión grandiosa que é a de vestir por uns minutos a Coroza LNB …, pero que instantes eses … Eternos!”

Dende Brinquedia, os nosos parabéns a toda a xente que se atopa detrás da organización deste evento e, como non, da LNB.