NOVIDADE:
Ampliación do prazo de inscrición ata o xoves 25 de abril
Atopámonos traballando xa de cheo na duodécima edición do Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, que este ano terá lugar o sábado 11 de maio no concello de San Sadurniño.
Onde concretamente? Na Finca de A Cortiña, unha estupenda paraxe ubicada ao carón do Río Grande de Xuvia. En caso de mal tempo, a actividade desenvolverase nas instalacións do CPI de San Sadurniño.
Desexamos destacar que nesta edición contaremos coa colaboración do Concello de San Sadurniño para a organización das diferentes actividades. Xa dende estes momentos agradecemos as facilidades que están a prestar para poder facer realidade, un ano máis, un dos maiores eventos galegos de xogos tradicionais.
O PROGRAMA será moi semellante ao de edicións anteriores, estamos a pechar o definitivo en función das posibilidades de asistencia de colaboradores para as actividades da tarde.
- 10:30-11:00: chegada e recepción de participantes.
- 11:00-14:00:
- Práctica de xogos: batería de 30 xogos.
- Obradoiro de construción de enredos.
- Obradoiro de xogos musicais.
- Demostracións de artesáns.
- Espazos expositivos e de venda.
- 14:00-15:30: parada para xantar.
- 15:30-17:30:
- Exhibición e práctica de xogos e deportes:
- Chaves de Ferrolterra, Ourense e Santiago.
- Loita Tradicional Galega (A Cambadela, A Estrada)
- Billarda.
- Birlos de Parada de Sil.
- XOTRAMU (Xogos Tradicionais de Muimenta).
- Serrado con tronzador (AVV O Castelo de Narahío-San Sadurniño).
- Actividade para os/as máis pequenos/as: espectáculo pendente de confirmación.
- Entrega de agasallos a alumnado participante e colaboradores/as.
- Exhibición e práctica de xogos e deportes:
Todos os centros ou entidades interesados en tomar parte no evento, deberán cubrir o seguinte formulario (faise en liña, non hai que descargar nada). Ao respecto, moi importante:
- Os centros educativos deberán enviar a conformidade do Consello Escolar para participar na actividade ao correo electrónico de Brinquedia (brinquedia@brinquedia.net).
- O prazo límite para cubrir o formulario e poder garantir os agasallos para o alumnado é o xoves 25 de abril.
Nesta ocasión, quen o desexe poderá reservar o xantar que se realizará nunha carpa na propia instalación. O menú: empanada, xamón ao caldeiro con patacas, pan, viño, gaseosa, auga, sobremesa e café. Prezo: 10,50 €. Tfno de reservas: 689 833 210. (Este xantar non está organizada por Brinquedia, é unha opción dispoñible para quen desexe botar man dela).
E coma documentos anexos que completan a información, aquí os poñemos á vosa disposición:
O cartaz
As normas xerais que rexerán o desenvolvemento da actividade serás as seguintes:
Así mesmo, un exemplo dos posibles xogos musicais:
O xogo da carrasquiña. O señor da serra. O lambonciño.
O caranguexo. O caminho de Viseu. A pulga na palla.
Para quen nunca acudiu ao Encontro e desexa ver dunha forma máis gráfica en que consiste, aí ten o vídeo dunha edición anterior:
Para solventar calquera dúbida ou para realizar propostas, podedes contactar con nós no seguinte correo electrónico: brinquedia@brinquedia.net
Pingback: VIII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais | BRINQUEDIA
Pingback: Convocado o IX Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. | BRINQUEDIA
Pingback: X Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. | BRINQUEDIA
Pingback: Cartaz XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais | BRINQUEDIA