Arquivos mensuais: Novembro 2013

Presentación do Acto Central do Día do Peón 2013

O pasado xoves 7 de novembro, no Salón de Actos da Deputación de Lugo, tivo lugar a presentación do Acto Central do Día do Peón 2013.

_MG_0007

Coma representante da Deputación de Lugo contouse coa presenza de Mario Outeiro (delegado de Cultura e Turismo); por parte de XOTRAMU, entidade organizadora do Acto Central, asistiron o seu presidente Manuel Vila así coma dúas das coordinadoras, Sofía Rodríguez e María Librada Engroba. En representación de Brinquedia asistiu Iván Montes.

_MG_0013

E xa para rematar, a repercusión que tivo este acto de presentación nos medios de comunicación:

Nova no diario “El Progreso”

Nova na páxina web da Deputación de Lugo.

Nova no diario “La Voz de Galicia”.

 

Interesante documento sobre o peón

Moitas grazas a Joseba González Porras (mestre na Ikastola Alkartu de Barakaldo) e a Fernando Maestro (director do Museo de Xogos Tradicionais de Campo-Huesca), por achegarnos este interesante documento co xogo que, por calendario, nos ten ben ocupados.

Pódese descargar en formato pdf facendo clic na seguinte imaxe:

Enróllate y dale cuerda a la vida