Grazas á Fundación TIC (entidade dependente da Deputación de Lugo) contamos cun vídeo do VIII Encontro.
Para visualizalo en Youtube, facede clic na seguinte imaxe:
Grazas á Fundación TIC (entidade dependente da Deputación de Lugo) contamos cun vídeo do VIII Encontro.
Para visualizalo en Youtube, facede clic na seguinte imaxe:
Publicado en encontros escolares, novas
O sábado 31 de maio tivo lugar esta actividade no campo de fútbol e área recreativa de Cabreiros (concello de Xermade, Lugo).
Para elo contouse coa inestimable colaboración da Asociación de Veciños de Cabreiros, o Concello de Xermade e a Universidade de Santiago de Compostela, xa que este ano o Encontro formou parte das X Xornadas Interxeracionais Rurais organizadas por esas entidades.
Contouse coa participación de alumnado e familias de 10 centros educativos, ademais da rapazada e familiares do concello de Xermade. En total, sumando alumnado, familias, colabouradores e membros da organización, superouse amplamente a cifra de 700 participantes. O que xa non é tan doado de cuantificar foi o número de sorrisos, de expresións de gozo e gargalladas (pero foron moitos moitos).
O programa foi moi semellante ao de edicións anteriores, dividíndose as actividades en xornada de mañá (na que se puxeron en práctica xogos infantís) e xornada de tarde (na que, ademais de xogos infantís, houbo demostracións e vivencias de xogos e deportes tradicionais de adultos).
Mentres non rematamos o vídeo da actividade, aí van un par de pequenas galerías fotográficas.
As actividades da mañá.
As actividades da tarde.
Entre as actividades da mañá e as da tarde, antes de comer, realizouse a presentación do libro “Xoguetes naturais. Primavera-Verán”, de Xosé López González e Jose M. García Fernández (os responsables do obradoiro de enredos realizado durante a mañá), introducidos por Antón Cortizas.
Xa para rematar, só nos queda realizar unha serie de agradecementos:
Publicado en encontros escolares, novas
O vindeiro domingo 24 de agosto celébrase a terceira edición desta Feira Etnográfica da comarca do Eume.
Ao longo da xornada, nas inmediacións de O Pazo (A Capela), haberá unha feira (produtos agroalimentarios, utensilios de uso diario, …) ademais dunha exposición e mercado de artesanía.
Entre as actividades complementarias que se desenvolverán, a partir das 16:30 haberá xogos tradicionais a cargo de XOTRAMU, Arcasco e CEIP Mosteiro de Caaveiro.
Para máis información sobre o resto das actividades, pódese consultar o cartaz:
Publicado en novas