Arquivos mensuais: Outubro 2017

Convocatoria do Día do Peón 2017

logo_dia_do_peon

Outro ano máis,  achegándonos ao mes de novembro, temos a ben convocar a celebración do Día do Peón. E con esta xa imos pola decimoterceira edición!

Baixo o lema de “Polo San Martiño, peóns ao camiño”, pretendemos que os días previos e posteriores ao 11 de novembro (este ano  coincide en sábado) se convirtan nunhas datas na que os peóns tomen as prazas e rúas do país.

lonapeon

Así, nun correo electrónico enviado aos centros de ensino galegos e a outras entidades e asociacións, convidamos a participar nesta actividade e a fomentar a recuperación do noso patrimonio lúdico.

No apartado de “Recursos” atoparedes documentación e materiais que poden ser de utilidade para a organización da actividade.

recursospeon

Respecto do Acto Central e do Manifesto atopámonos pendentes de concretar uns pequenos aspectos. En canto estean dispoñibles publicaremos ao respecto.

O cartaz desta edición (clic para descargar):

CARTAZ_2017

Xa para rematar, agradeceriamos aos centros educativos e entidades participantes nesta actividade que remitisen os seus datos de participación cumprimentando o seguinte cuestionario:

recollida

 

Publicación sobre a Chave de Ferrolterra

Da man de Xaime Iglesias López, membro da Amigos da Chave de Ferrolterra, ven de publicarse “Referencias históricas da Chave en Ferrolterra (1950-2009)”.

Captura_Lun Out  9 20:52:30

Trátase dunha obra ben completa na que non só se trata esta modalidade de Chave, senón que incluso establece comparacións con xogos xa practicados nos tempos dos romanos así coma con outras modalidades de xogo ben semellantes noutros países.

Pódese atopar máis información, así como acceder aos datos de contacto para a súa adquisición na entrada correspondente da web de Amigos da Chave de Ferrolterra (clic na seguinte imaxe):

IMG_0843

Ademais de desexarlle unha boa acollida da obra, só nos queda outorgar os nosos parabéns ao autor pola iniciativa e o traballo desenvolvido.