Arquivos mensuais: Novembro 2017

Acto Central do Día do Peón: que pasou?

Coma recentemente publicabamos, nesta edición do Día do Peón o Acto Central celebrouse no concello de Muros organizado pola Concellería de Educación e a quen lle agradecemos publicamente a súa colaboración e implicación co xogo tradicional.

Foron varias as actividades realizadas, as cales podedes ver resumidas nos seguintes vídeos e imaxes:

ac1   ac2

ac3  ac4

ac5   ac6

E despois dos vídeos, unha galería de imaxes:

Xa para rematar, só nos queda agradecer a súa presenza a toda a xente que participou ou colaborou no desenvolvemento do acto.

Presentación do libro “Juegos cooperativos con trompos, peonzas y perinolas”.

Que mellor que o Día do Peón para a presentación dunha obra coma esta!

Quen desexe acudir á mesma, pode atopar a información precisa no cartaz da presentación (clic para ampliar):

Cartel Moito conto

Coma pequeno avance, unha imaxe da portada e da contraportada:

Portada + contra

Por boca dun compañeiro de Brinquedia que xa tivo a oportunidade de contemplar a obra trátase dunha publicación moi recomendable.

Só nos queda felicitar aos autores por sen quen de publicar unha obra de este estilo, e desexarlles un grande éxito de vendas e aceptación.

Acto Central do Día do Peón

Este ano o Acto Central desenvolverase no concello de Muros, concretamente no Pozo do Cachón (parroquia de Serres), e será organizado pola Concellería de Educación de dito Concello.

lonapeon

Están convidados a asistir os diferentes centros educativos do concello de Muros que imparten ensinanzas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

No mesmo desenvolveranse as seguintes actividades:

  • Obradoiro de decoración de peóns.
  • Tirada conxunta.
  • Lectura do Manifesto polo seu autor, Daniel Pino Couñago, impulsor dos encontros escolares de xogos tradicionais da comarca.
  • Bailado de trompas: modelo de peón rudimentario e de grandes dimensións que faise xirar cunha zorrega ou látego. Pódese atopar máis información sobre este tema no Manifesto.
  • Homenaxe a Arturo Romaní, autor da obra “Xogos infantiles de Galicia” publicada no ano 1979.

Agradecémoslle á Concellería de Educación do Condello de Muros a súa dispoñibilidade para organizar este evento, o cal estamos seguros de que será unha experiencia moi grata para as persoas asistentes ao mesmo.