Arquivos mensuais: Xullo 2009

Asemblea de verán da AEXDT -JUGAJE-

Nas pasadas datas desenvolveuse na comarca burgalesa da Ribeira do Douro un Encontro internacional de xogos tradicionais, no que se incluían distintas actividades, entre as que salientaban a celebración da Asemblea de verán da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais – AEXDT, un Congreso sobre xogos tradicionais e saúde ou un encontro entre distintas modalidades de xogos europeos.

A asemblea serviu para botar unha ollada cara atrás, 8 anos despois da fundación, renovar o Consello de Administración e propoñer a creación dunha entidade de carácter mundial, para a que xa houbo contatos ao longo do último ano.

XXXI Campionato da Chave en Santiago de Compostela

sucedeu esta fin de seman en Santiago de Compostela, coincidindo coa semana grande das festas patronais.

Xa ten certo percorrido histórico e, ainda que con menor recoñecemento, tamén sucedeu o campionato feminino na propia Alameda da capital galega.

III Encontro Escolar

Celebrado en Pereiro de Aguiar, Ourense.

Aquí tedes o vídeo da xornada celebrada fai dous anos.

[HTML1]