Arquivo por etiquetas: día do peón

XIX Día do Peón

Un ano máis, Brinquedia convida a todos os centros educativos, asociacións, colectivos, administracións e persoas a título individual a facer bailar un peón o 11 de novembro. Chega así unha nova convocatoria do Día do Peón, a número XIX, que desde 2005 facemos cadrar coa festividade do San Martiño.

Na presente edición, o acto central celebrarase no paseo do Espolón de Padrón. Contamos coa colaboración do propio concello e dos seus centros educativos. Será o día 11 de novembro ás 12 horas.

O manifesto foi redactado polo escritor e profesor Anxo Angueira (preme para descargalo).

Descarga o cartel.

No apartado recursos da nosa web podes ver algúns materiais, dos que adiantamos aquí unha proposta colaborativa de actividades. E xa sabes, se participas no Día do Peón, agradecémoste que despois cubras esta enquisa. Porque, Polo San Martiño, peóns ao camiño! Deixemos que os peóns invadan as nosas aldeas, vilas e cidades!

Día do Peón 2023

Foi alá por 2005 cando Brinquedia convocou o primeiro Día do Peón cadrando coa festividade do San Martiño. Desde aquela, agás pola paréntese da pandemia, convidamos todos os anos aos centros educativos, asociacións, colectivos, administracións e persoas a título individual a facer bailar un peón o 11 de novembro.

Nesta XVII edición, o acto central celebrarémolo no Parque de San Lourenzo do Concello de Lousame, contando coa colaboración do propio concello e do CPI Cernadas de Castro. Será o día 9 de novembro, facéndoo coincidir co magosto escolar.

O Manifesto correu a cargo do Departamento de Cultura do Concello de Lousame (preme para descargalo).

No apartado recursos da nosa web podes ver algúns materiais, dos que adiantamos aquí unha proposta colaborativa de actividades. E xa sabes, se participas no Día do Peón, agradecémoste que despois cubras esta enquisa. Porque Polo San Martiño, peóns ao camiño! Deixemos que os peóns invadan as nosas aldeas, vilas e cidades!

Día do Peón 2012: que pasou?

O pasado venres 9 de novembro celebrouse, baixo a convocatoria de Brinquedia, a oitava edición do Día do Peón.

Ate o momento, segundo os datos que temos recibido, participaron nesta actividade un total de 25 centros educativos galegos, sumando un total de participantes (entre alumnas/os e mestras/es) que suoera os 4.000.

Os centros participantes que publicaron algunha nova ó respecto na súa web ou na do dalgún equipo ou departamento son os seguintes:

CPI Ponte Carreira (Ponte Carreira): ligazón.

CEIP Valle Inclán (Oleiros): ligazón.

CEIP de Vite (Santiago): ligazón1, ligazón2.

CEIP de Covas (Viveiro): ligazón.

CEIP de Seixo (Marín): ligazón.

CEIP de Bandeira (Bandeira): ligazón1, ligazón2.

CPR María Assumpta (Noia): ligazón1, ligazón2.

CRA Amencer (Ribadavia): ligazón.

CEIP A Laxe-Valón (Ferrol): ligazón.

CEIP Alfredo Brañas (A Laracha): ligazón.

CEIP Sada y sus Contornos: ligazón.

CPI de San Sadurniño: ligazón.

CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela): ligazón.

CEIP Porto-Cabeiro (Redondela): ligazón.

Así mesmo, outro ano máis o Día do Peón traspasou as fronteiras de Galicia e tivo eco no País Basco, concretamente na Ikastola Alkartu de Barakaldo (Vizcaia), onde celebran o Ziba Eguna. Facendo clic na imaxe de abaixo accederedes ó blog de Joseba, o maior “responsable” desta actividade e a quen temos que agradecerlle a súa colaboración.

Agardamos que continúen chegando notificacións de centros que tomaron parte nesta iniciativa e que se incremente o número de participantes.