Arquivos mensuais: Novembro 2015

Acto Central do Día do Peón: vídeo.

Nesta edición, o Acto Central celebrouse baixo a organización do CPI de San Sadurniño coa participación de varios centros educativos da comarca de Ferrolterra, o Eume e Ortegal  (CEIP de San Ramón -Moeche-, CEIP de Centieiras -Fene-, CEIP A Laxe-Valón -Ferrol-, CEIP Mosteiro de Caaveiro -A Capela- e CRA de Valdoviño).

Un total de 560 rapaces e rapazas, e de cativos e cativas, tomaron parte das diferentes actividades organizadas para a ocasión. E como unha imaxe (neste caso, un vídeo) vale máis ca mil palabras, facendo clic na seguinte imaxe accederedes á web do CPI de San Sadurniño onde publican un vídeo-resumo da actividade.

CapturawebCPISanSadurniñoActoCentral

Exposición “O espazo máxico” no MUPEGA

Xa que estamos en tempos de que os peóns bailen, sabede que no MUPEGA hai unha interesante mostra sobre este enredo.

Para a xente interesada no asunto, facendo clic na seguinte imaxe accederedes á web do MUPEGA, onde se explica dun xeito máis pormenorizado o contido da exposición:

cartelexposicion o espazo máxico

Imaxes do Acto Central do Día do Peón

Mentres se está a traballar na memoria do acontecido no CPI de San Sadurniño durante a celebración do Acto Central do Día do Peón, podedes ver unhas imaxes de varias das actividades que alí se desenvolveron.

Estas imaxes atópanse no Facebook do Concello de San Sadurniño (entidade colaboradora) e que se atopa aberto. Con facer clic na seguinte imaxe accederedes a elas:

capturafeisconcellosansa