Arquivos mensuais: Febreiro 2014

Benvida a un novo socio: o CPI de San Sadurniño

En datas recentes este centro educativo ubicado no concello de San Sadurniño (provincia de A Coruña) ven de sumarse ás entidades socias que conforman Brinquedia.

Polo tanto, dende a familia Brinquediana dámoslles a benvida e agardamos que co seu labor contribúan á posta en valor do Xogo Tradicional.

Velaí van un par de vídeos das súas últimas actividades realizadas ao respecto:

capturada

capturada2

Avance sobre o VIII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Xa estamos en situación de poder confirmar certas cuestións relativas á nova edición do Encontro Escolar de Xogos Tradicionais.

100_1198

Este ano celebrarase o día 31 de maio, en xornada de mañá e tarde, no campo de fútbol e área recreativa de Cabreiros (concello de Xermade). Para iso contamos coa inestimable colaboración da Asociación de Veciños de Cabreiros, xa que este ano o Encontro formará parte das X Xornadas Interxeracionais Rurais organizadas por esta entidade.

100_1202

Na medida en que vaimos xerando a documentación pertinente, irémola publicando no apartada específico de “Encontros”.