O pasado mércores 11 de novembro celebrouse, baixo a convocatoria de Brinquedia, a 11ª edición do Día do Peón.
Os datos máis salientables desta edición son:
- 33 centros educativos e entidades participantes.
- Arredor de 5.500 nenos/as bailando os seus peóns e realizando actividades relacionadas con este enredo.
- Máis de 430 mestres/as e adultos/as promocionando ou colabourando coa actividade.
- O Acto Central celebrouse no CPI de San Sadurniño, para o que se contou coa colaboración do Concello de San Sadurniño, Trebellos Xoguetes, No Cómbaro (grupo de música tradicional) e Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.
Na entrada anterior poderedes ver un mapa que recolle aos diferentes participantes, así como a súa distribución xeográfica.
E xa para rematar, aí vos van as achegas que diferentes participantes nos proporcionaron sobre as súas publicacións na web ao respecto. Facendo clic nas imaxes accederedes a elas.