Arquivos mensuais: Novembro 2010

Día do peón 2010: que aconteceu?

A VI edición do Día do peón xa rematou. Miles de rapaces e rapazas fixeron bailar os seus peóns e bailaretes nos centros educativos, nas prazas e nas rúas durante a xornada convocada por Brinquedia. Agora continuarán cos xogos durante moito tempo.

Os medios de comunicación, os blogs, as páxinas web ferven de información ao redor deste tema.

Poñemos algún enlace para que poidades ver o que se recolle na prensa e tamén algo do moitísimo que se fai nos centros de ensino. É un pracer moverse pola rede e ser partícipes da gran actividade que se está xerando nos centros de ensino con motivo desta convocatoria que vai gañando adeptos/as cada ano.

PARABÉNS PARA TODAS AS PERSOAS QUE ESTADES A CONTRIBUÍR Á DIFUSIÓN DO NOSO PATRIMONIO LÚDICO!

lavozdegalicia

elcorreogallego

elidealgallego

reportaxe-galiciacelebra-o-diadopeon

clasedoscabalos.blogspot.com

rebolinhafaideberes.blogspot.com

blogoteca.com/pedrinhas

blog da clase de 3 anos A – CEIP José Mª Lage – Ortigueira

blog da Ikastola Alkartu de Barakaldo

http://colejesuscancio.blogspot.com/

Día do Peón 2010

dia do peon 2010

O vindeiro xoves 11 de novembro Brinquedia convoca unha nova edición do Día do Peón. Despois das 5 edicións anteriores, a data vaise asentando para todas aquelas entidades que traballan arredor do xogo tradicional no noso país, nomeadamente nos centros de ensino. A repercusión e participación medra ano tras ano (acadando nas últimas edicións cifras superiores ás 10.000 persoas), e mantendo entre os seus obxectivos o de divulgar iniciativas encamiñadas á recuperación e conservación das actividades lúdicas tradicionais.
A convocatoria non só está dirixida aos centros de ensino, malia seren os maiores organizadores desta campaña, senón aos concellos, asociacións, institucións e mesmo a colectivos de galegas/os no exterior.
Lembramos que a estacionalidade deste xogo ven marcada na fraseoloxía galega por varios refráns tais como Polo San Martiño, peóns ao camiño, Polo Santo Amaro, peóns ao faiado, Polo Santo Antón, trompos ao caixón, Pola Santa Olaia, peóns á borralla

Seguir lendo