Arquivos mensuais: Decembro 2009

Presentación: Xogos de Sempre, Xogos de Agora

O pasado mércores 23 de decembro tivo lugar no Concello de Dodro a presentación do material editado polo Concello e financiado pola Deputación que leva por título Xogos de Sempre, Xogos de Agora.

Unha recompilación de xogos tradicionais con especial fincapé no papel da muller tanto nos propios xogos como no traballo  de recompilación. realizado.

Podedes ver o documento creado visitándoo no portal de Brinquedia, premendo nesta ligazón.

Megaxove

Dende o venres 4 ate o martes 8 realizarase nas instalacións de Expourense (na cidade das Burgas) a feira MEGAXOVE, nela Brinquedia contará cun stand informativo da asociación e do patrimonio lúdico galego, ademais de contar cun espazo para a práctica de distintos xogos e a elaboración de enredos.

No espazo, ademais da práctica de xogos de taboleiro, aros, ra, zancos, carreiras de botellas, pano, carreiras de sacos… haberá lugar para a exposición doutros xogos que non se poden practicar no pavillón. Tamén contará con paneis informativos dalgúns xogos do noso patrimonio lúdico, bibliografía para consulta sobre os xogos tradicionais galegos e mundiais e exibición de vídeos de distintas actividades promovidas pola asociación e vídeos sobre os xogos tradicionais en distintos puntos de Europa.

O Xogo tradicional no Concello de Dodro

A figura da muller no xogo tradicional é sumamente importante, e unha boa mostra da recuperación que están a realizar en torno ao xogo tradicional é este documento creado polo Concello de Dodro onde as mulleres realizan un traballo moi relevante posto que grazas a súa voz creouse este material.

[HTML1]