Este centro educativo, socio de Brinquedia, acaba de pór en marcha un proxecto que, baixo o nome de “Sansa Enreda”, pretende contribuír á recuperación e difusión dos nosos enredos tradicionais. E non só iso, senón que a súa intención é aproveitar as potencialidades educativas que este tipo de actividades infantís ofrece.
É polo tanto outro exemplo máis de como o mundo do xogo tradicional ten (e debe ter) cabida no eido educativo.
O proxecto conta cunha web propia, á que podedes acceder facendo clic na seguinte imaxe:
Animamos logo dende aquí a que xurdan máis proxectos deste estilo!