Arquivo da categoría: cursos

Cursos promovidos, relacionados ou realizados por diferentes entidades

Últimos días para matricularse no IV Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico

Dende Nova Escola Galega infórmannos de que o prazo para matricularse nesta actividade formativa remata o día 18 de setembro.

Celebrarase na Illa de Arousa e estárá centrado especialmente nos xogos tradicionais da costa. O curso conta coa homologación oficial da Consellería de Educación a todos os efectos. Entre outras actividades, os asistentes aprenderán a navegar, con integrantes da Asociación Cultural Dorna, en embarcacións tradicionais, entre elas a propia dorna.

Máis información facendo clic na imaxe.

IV curso de formación sobre o Patrimonio Lúdico.

Os amigos da AGXPT achégannos información sobre esta actividade formativa, que coorganizan xunto con Nova Escola Galega, e que desenvolverase os días 21 e 22 de setembro na Illa de Arousa.

Pódese atopar máis información na seguinte ligazón: http://www.nova-escola-galega.org/WebDefault.aspx?MenuInd=1&MenuId=290&Lng=gl-ES&tl=0

ASEMBLEA DE VERÁN DA AEXDT – MAUVEZIN (GERS)

Pills viagra online canadian pharmacy online viagra

Entre o 24 e 0 26 de xuño desenvolvíase na localidade francesa de Mauvezin (Gers – Pays Ports de Gascogne) a Asemblea de verán da AEXDT, exercendo como organizadoras/es e excepcionais anfitrións/oas as/os compañeiras/os de FDFR 32 (Foyers ruraux – CRJSTO).
Despois de aprobar as contas, a acta da asemblea anterior e o informe moral do seu Presidente, informouse sobre as novas incorporacións á Asociación, entre as que se atopan a Fundacion Zaragoza 2016, os bretóns de Ti ar Gouren e as asociacións catalanas Lo LlautAnem de Bolit.

Asi mesmo, informouse dos actos e eventos nos que ten participado a AEXDT desde a Asemblea de Guarda do ano pasado; as Conferencias de Aosta, Valencia, Lesneven… así como o Congreso do ITSGA (Asociación Internacional de Xogos e Deportes Tradicionais, de recente creación), previsto para o vindeiro mes de setembro na localidade italiana de Verona, dentro do marco do Toca-tí.

Seguir lendo