Este proxecto está promovido pola Universidade San Jorge, a Asociación Europea Xogos e Deportes Tradicionais, a Asociación de Artes Marciais Húngara Tradicional de Baranta e a Universidade de Atenas.
Consiste na creación dunha ferramenta para a promoción e difusión de xogos e deportes tradicionais dirixidos a un público escolar e familiar.
O obxectivo é o deseño dunha páxina web na que se podan atopar diversas informacións (xogos, deportes, lugares de práctica, etc.)
Existe un cuestionario en liña (http://geoludens.eu/questionnaire/) no que resulta necesario ingresar información tanto en inglés coma no idioma nativo do xogo. Se desexades participar, e soubestes desta iniciativa a través de Brinquedia, podedes engadir información seleccionando no campo obrigatorio de institucións “Brinquedia”.
Xa para rematar, esta iniciativa pode implementarse nas escolas e institutos a través da asignatura de Inglés, para o cal temos realizado unha escolma dos estándares de aprendizaxe de 5º de Educación Primaria a 4º de ESO que poden ser traballados a través da participación co alumnado, e que pode descargarse en formato PDF facendo clic na seguinte imaxe:
Así mesmo, poden subirse imaxes e vídeos, polo que as posibilidades educativas desta iniciativa son moi grandes (xogos e deportes tradicionais, competencia dixital, …) en función das actividades que se deseñen arredor da mesma.
Só nos queda desexarlle un grande éxito a esta fantástica iniciativa!