Tras realizar as xestións pertinentes para a celebración do Encontro adiado este ano 2018, comprácenos informarvos sobre a nova data do evento, que se levará a cabo o 11 de maio de 2019 en San Sadurniño.
Finalmente, despois de contactar con diferentes entidades, coa proposta dunha data para setembro, e tendo en conta a posibilidade de contar con voluntariado, sen que sería imposible a súa celebración, decidiuse trasladalo para o ano seguinte, pechando con tempo o día.
Esperámosvos no XII Encontro Escolar que seguirá tendo San Sadurniño como Concello acolledor, onde pasar un bo rato cos xogos tradicionais, que ao fin e ao cabo son a nosa razón de continuar aquí. Por vós e para vós, desexamos que sigades participando e que se vaian unindo novos centros e entidades colaboradoras.
Grazas por facelo posible!