Arquivos mensuais: Setembro 2013

Nova edición do Proxecto “Brinquedos”.

Outro ano máis, dende o CEIP Mosteiro de Caaveiro de A Capela teñen a ven convidar a todos os centros educativos galegos para que os visiten e participen da súa actividade relacionada co mundo do xogo tradicional.

nova-pegata-cixt

A continuación reproducimos o texto dese convite feito vía correo electrónico.

Nesta complicada época que nos toca vivir, na que os valores non teñen un reforzo e recoñecemento social, nos que cada vez temos máis atrancos para desenvolver o noso labor educativo, un ano máis (e xa van sete consecutivos), o CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela – A Coruña) oferta a todos os centros escolares do noso país a posibilidade de que nos visitedes para coñecer e disfrutar da nosa proposta educativa incluida no Proxecto “Brinquedos”. É un Proxecto que pretende educar en valores botando man do xogo tradicional como recurso para conseguir a nosa finalidade.
 
As actividades previstas céntranse na práctica dos xogos tradicionais e na visita á nosa colección de xoguetes africanos.
 
O horario estimado é o comprendido entre as 11 e as 13 horas. Dirixidos os xogos polo noso alumnado, correspondente ás idades das persoas que nos visiten, xogaremos e daremos a coñecer os xogos tradicionais que forman parte do noso Centro de interpretación de xogos tradicionais “Brinquedos”. Vai unha ligazón de presentación:
 

http://www.youtube.com/watch?v=SDZlkJwztrg

Existe tamén a posibilidade de realizar unha visita á colección de xoguetes africanos que temos na planta alta da nosa escola. Vai outra ligazón sobre esta colección (picade no minuto 38′ 35”)

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-solaina-26-03-2012

 Os días nos que podedes reservar a vosa visita son os seguintes:
 
Mércores para o alumnado do 2º Ciclo de Primaria
 
Xoves para o alumnado de 1º Ciclo de Primaria
 
Venres para o alumnado de 3º Ciclo de Primaria e para o alumnado da ESO.
 
 Pódese completar o día realizando unha visita ao Museo etnográfico da Capela, experiencia que tivo a súa orixe na nosa escola. Neste caso habería que contactar co Museo e ver de reservar a data. Mandamos a ligazón da web do museo

 www.museodacapela.org

  Temos que salientar que nos seis anos que levamos ofertando esta actividade cubríronse todas as datas posibles de visita á nosa escola. Por tal motivo aconsellamos que fagades a resrva canto antes. Chamade  ao 981459022 (preguntando por Xabier) ou ben escribide ao correo da escola   

ceip.mosteiro.caaveiro@edu.xunta.es

 Agardamos contar con vós.
 
 Saúdos brincadeiros e recordade “Xogar non é perder o tempo.
 
Xabier López García (responsable do Proxecto “Brinquedos”)
 
CIXT 004  CIXT 005  CIXT 007