Arquivos mensuais: Xuño 2015

Vídeo do IX Encontro: versión reducida

Coma o vídeo anterior pode resultar un pouco extenso, aí vai unha versión máis curtiña:

videoencontro

IX Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, que pasou?

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Un ano máis, e xa van alá nove, Brinquedia logrou convocar a centos de nenas e nenos, familias e persoas interesadas arredor do xogo tradicional. Para elo, este ano contamos coa inestimable colaboración da Asociación Ponte … nas Ondas!

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Nesta ocasión, o Encontro desenvolveuse nunhas impecables instalacións, o Centro de Estagios, cedido xentilmente pola Cámara de Melgaço. Vaia por diante o noso agradecemento á Vereadora de Cultura, quen puxo á nosa disposición todo o seu equipo material e humano: obrigados! Así mesmo, unha lembranza especial a Marcos e Igor, que nos acompañaron durante cada minuto no desaenvolvemento deste Encontro.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA         OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Eran as 9:30 en Portugal cando empezaron a chegar os centros educativos participantes e o campo de xogos xa estaba parcelado e asulagado dos xogos da mañá, grazas ao traballo incansable do alumnado-voluntariado do CIFP Ánxel Casal de A Coruña. Obrigados tamén a eles e ás súas leais profesoras.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA       OLYMPUS DIGITAL CAMERA     OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Nesta edición contamos coa participación de alumnado de CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela), CPI de San Sadurniño, CEIP Isaac Peral (Ferrol), CEIP Ricardo Tobío (Muros), CEIP Bouza Brey (Ponteareas), CEIP Ría de Vigo (Vigo), CEIP Esteiro (Ferrol) e IES Indalecio Prieto (Tui). Asemade, tomaron parte nenas e nenos das freguesías pertencentes á cámara de Melgaço.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA     OLYMPUS DIGITAL CAMERA      OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Unha hora máis tarde empezouse a desenvolver o rico programa matinal con, trinta xogos divididos en dúas quendas de 15.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA          OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Ao remate das actividades da mañá, Xosé López e Jose Manuel Rodríguez (Pepe e Manolo para os amigos e coñecidos), os responsable do Obradoiro de Enredos, presentaron a súa derradeira publicación: “Xoguetes Naturais. Argalladas dos pícaros. Outono-Inverno”, publicada pola Editorial Ouvirmos. Para o acto contamos coa presenza do seu editor, X. M. Aldea e coa sempre grata presentación dun mestre do enredo, Antón Cortizas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Xa pola tarde, despois de repoñer forzas á sombra dun fermosos piñeiral, continuouse coa exhibición de xogos e deportes tradicionais tanto de Galicia como de Portugal e coa conseguinte participación de nenos e familiares dos mesmos.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA    OLYMPUS DIGITAL CAMERA     OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Sobor das 16:30, sempre hora portuguesa, fomos poñendo peche coa entrega de agasallos a participantes e colaboradores, agradecendo a súa participación e convidándoos para a seguinte edición.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Vídeo do IX Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Se unha imaxe vale máis ca mil palabras, que podemos dicir dun vídeo de máis de 20 minutos?

Aquí temos o documento audiovisual que reflicte a felicidade de nenos/as e maiores participando no Encontro, xogando a xogos de sempre.

En breves teremos lista a crónica escrita.

Poñédevos cómodos/as, e se gustades dos flocos de millo, adiante!

videoencontro