Arquivos mensuais: Abril 2014

Interesante iniciativa de xogo con chapas.

Dende a Ikastola Alkartu de Barakaldo (habituais participantes na nosa convocatoria do Día do Peón) amosan unha vez máis como é posible conxugar o xogo tradicional con outros aspectos da vida.

Se desexades ter acceso a esta iniciativa, facede clic na seguinte imaxe (non vos asustar, o principio está en éuscaro pero máis abaixo está en castelán).

ChapasBarakaldo

E facendo clic na seguinte imaxe, ligazón ao publicado ao respecto no diario Deia:

Deia chapas Barakaldo

I Parada Familiar de Xogos Tradicionais en San Sadurniño

Organizada a tres bandas (ANPA, CPI de San Sadurniño e Concello de San Sadurniño) esta actividade terá lugar o vindeiro sábado 12 de abril entre as 16:30 e as 19:30 horas.

Podedes atopar máis información ao respecto no seu blog (clic na seguinte imaxe):

cartazSANSAxogos2014

Vídeo do VII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Esta actividade realizouse no mes de xuño do ano 2013 en Ourense, integrada en Ludaria.

Grazas a Carmela Rodríguez e a Anxo Iglesias contamos con este vídeo que recolle as diferentes actividades e xogos realizados. Para visualizalo, facede clic na imaxe:

VII ENCONTRO