A Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais (AEXDT), ONG internacional cuxo traballo é recoñecido pola UNESCO, solicita aos seus representantes do Parlamento Europeo o recoñecemento oficial dos xogos e deportes de tradición cultural na unión Europea. A AEXDT, creada no 2001, e as seus cincuenta e oito organizacións inscritas, entre as que se atopa BRINQUEDIA, representando a centenares de miles de persoas, considera que a nosa sociedade esixe xa este paso histórico.
Desde a directiva de Brinquedia e desde a AGXPT, tamén membro da nosa asociación, mantivéronse contactos con Ana Miranda, eurodiputada do BNG no Parlamento Europeo. A través do seu grupo Verdes – Alianza Libre Europea proponen as seguintes iniciativas:
- unha iniciativa parlamentar dirixida á Comisión Europea (a cuestión escrita depositada no Parlamento polo eurodiputado Oriol Junqueras pódese consultar na seguinte ligazón)
http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2011-004920+0+DOC+XML+V0//ES
- unha declaración por escrito, para o que necesitan a sinatura de 40 eurodiputados/as de 3 grupos políticos distintos
- enmendas ao informe dos deportes dentro da comisión de cultura e deporte del Parlamento Europeo.