Arquivos mensuais: Abril 2017

Presentación do XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Este luns pola mañá realizouse a presentación oficial desta edición do Encontro mediante unha rolda de prensa no Concello de Narón.

presentacion

Á mesma asistiron Marián Ferreiro (Concelleira de Cultura do Concello de Narón) e en representación de Brinquedia Xabier López (responsable do voluntariado), Alberto Casal (colaborador) e Iván Montes (Secretario de Brinquedia).

A repercusión da mesma nos medios dixitais foi a seguinte (facendo clic nas imaxes accédese ás novas):

diario

 

voz

 

galiciaartabra

Cartaz XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Xa temos o cartaz!

Ademais de estar dispoñible no apartado “Encontro Escolar“, pódese descargar facendo clic na seguinte imaxe:

Cartaz_Encontro_2017

“O recuncho das argalladas”: exposición permanente sobre o xoguete tradicional en Lourenzá.

Da man de dous vellos colaboradores, Manolo García e Pepe López, atopamos esta exposición ubicada na Fortaleza de Tovar,  a cal foi inaugurada recentemente. Na súa páxina web pódese atopar o horario de visitas:fortalezatovar

Para quen quera saber máis do que se pode atopar na mesma recomendamos a lectura dun texto dos seus autores, á cal poderedes acceder facendo clic na seguinte imaxe:

rinconxoguete

Sabendo da traxectoria destes compañeiros só nos queda recomendar encarecidamente a súa visita, así como desexarlles o éxito e a repercusión que merecen estas iniciativas a prol do xogo e do xoguete tradicional.