Recentemente, o Concello de Parada de Sil e a Fundación Laya asinaron un convenio para a recuperación, promoción e difusión desta modalidade de bolos.
Podedes atopar máis información no artigo publicado en La Voz de Galicia
Recentemente, o Concello de Parada de Sil e a Fundación Laya asinaron un convenio para a recuperación, promoción e difusión desta modalidade de bolos.
Podedes atopar máis información no artigo publicado en La Voz de Galicia
Entre o 24 e 0 26 de xuño desenvolvíase na localidade francesa de Mauvezin (Gers – Pays Ports de Gascogne) a Asemblea de verán da AEXDT, exercendo como organizadoras/es e excepcionais anfitrións/oas as/os compañeiras/os de FDFR 32 (Foyers ruraux – CRJSTO).
Despois de aprobar as contas, a acta da asemblea anterior e o informe moral do seu Presidente, informouse sobre as novas incorporacións á Asociación, entre as que se atopan a Fundacion Zaragoza 2016, os bretóns de Ti ar Gouren e as asociacións catalanas Lo Llaut e Anem de Bolit.
Asi mesmo, informouse dos actos e eventos nos que ten participado a AEXDT desde a Asemblea de Guarda do ano pasado; as Conferencias de Aosta, Valencia, Lesneven… así como o Congreso do ITSGA (Asociación Internacional de Xogos e Deportes Tradicionais, de recente creación), previsto para o vindeiro mes de setembro na localidade italiana de Verona, dentro do marco do Toca-tí.
Dende o Club de Bolos ARCASCO fan chegar unha serie de novas que consideramos moi positivas para a pervivencia da rica variedade de bolos tradicionais de Galicia.
A Liga de Bolos, que se xoga na zona norte de Galicia, xa vai pola cuarta tempada.
Está composta por 7 clubs que, en palabras de Anxo, “decidimos xuntarnos os domingos a xogar aos birlos en cada localidade participante, respectando a modalidade local, é dicir, o xogo tal e como foi recollido con todas as súas características. Tamén se introduciron outras modalidades galegas. Deste xeito calquera xogador/a non só desfruta do seu bolo, senón tamén doutras modalidades”.
Resulta destacable que este ano houbo un importante incremento no número de participantes (26), chegando a atoparnos nesta liga un total de 199 xogadores e xogadoras. Así mesmo, é de resaltar a importante presenza feminina que se está a lograr.
Dende ARCASCO manifestan a súa satisfacción, xa que están a mover todos os domingos un número importante de persoas que se relacionan e conviven en torno a un xogo tradicional.
Para rematar, unhas palabras de Anxo: “estamos a traballar para que non desapareza deste mundo o noso xogo, pois o modelo que os ameaza a todos é o que impón a televisión”.
Quen quera seguir as xornadas das ligas de Bolos dispón das seguintes ligazóns:
Bolos Celtas-Liga Galega Norte
Dende aquí o noso ánimo para que continúen coa labor que están a desenvolver.