Arquivo por etiquetas: V encontro

Xornadas de formación de voluntariado para o V Encontro escolar de xogos tradicionais

O venres 9 de Abril na Coruña (CIFP Ánxel Casal) e o sábado 10 de Abril en Lugo (Pazo de Feiras e Congresos) celebráronse as primeiras quendas de formación do voluntariado que participará no V Encontro escolar de xogos tradicionais.

Baixo a dirección de Xabier López, Carmela Rodríguez e Alberto Casal (membros da directiva de Brinquedia), unha trintena de persoas vivenciaron as diferentes propostas lúdicas que o 22 de Maio poderán atoparse no citado Encontro escolar.

Hai que salientar a boa disposición que amosaron todas as persoas participantes, quizais tamén debido á súa formación en organización de actividades, animación e dinamización sociocultural, así como ás direccións dos centros onde se realizou dita formación, poñendo ao noso dispor as súas instalacións.

Outro feito singular é a disparidade de procedencias das participantes (en feminino, pois na súa maioría foron mulleres), tanto da nosa xeografía como incluso de fóra do país.

[altpwa user=brinquedia album=FormacionVoluntariadoVEncontroEscolarDeXogoTradicional]

Convocatoria de xuntanza para a presentación do V Encontro escolar de xogo tradicional

O vindeiro venres, 29 de xaneiro ás 18 horas terá lugar no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) en Santiago de Compostela a convocatoria realizada por Brinquedia para a presentación da celebración do V Encontro escolar de Xogo tradicional que anualmente convoca e organiza Brinquedia.

Esta convocatoria está dirixida aos centros de ensino non universitario de Galicia.

A localización do MUPEGA éa seguinte:

[HTML1]