Arquivos mensuais: Decembro 2013

Día do Peón 2013: que pasou?

O pasado luns 11 de novembro celebrouse, baixo a convocatoria de Brinquedia, a 9ª edición do Día do Peón.

logo_dia_do_peonOs datos máis salientables son os seguintes:

  • 37 centros educativos participantes.
  • Máis de 6300 alumn@s facendo bailar os seus peóns.
  • Máis de 450 mestras e mestres colabourando na celebración.
  • O Acto Central celebrouse en Muimenta (Lugo) coa colaboración de Xotramu.

É de destacar que, con respecto á anterior edición, produciuse un incremento significativo tanto de centros participantes coma de alumnado e profesorado. A distribución de centros e alumnado participante pode consultarse facendo clic na seguinte imaxe:

mapapeon

Agradecemos polo tanto a todo o profesorado e centros participantes que esta iniciativa continúe a ter un impacto significativo, e animámolos a continuar con ela en vindeiras edicións. Así mesmo, desexamos ter unha especial mención a Joseba González Porras, mestre na Ikastola Alkartu de Baracaldo (Biscaia) e promotor desta actividade neste centro educativo.

E xa por último, aí van algunhas cousas publicadas nas páxinas webs dalgúns dos centros participantes (se esquecemos alguna, por favor enviade a ligazón a brinquedia@brinquedia.net e engadirémola):

CEP Campolongo.

CEIP Porto Cabeiro: Día do Peón, Peóns decorados.

CEIP Víctor López Seoane.

CEIP Carnota.

 CEIP Raíña Fabiola.

CEIP Vite I: Peóns decorados, O xogo do peón en imaxes, Día do Peón, Faroiz (3anos) e o seu bailarete, Malabarismo co peón, Falamos do Peón (I Maratón de Tradición Oral).

 IES Leixa.

CPI Ponte Carreira.

CPI San Sadurniño: Peóns decorados, Día do Peón.

Ikastola Alkartu.

 CEIP Mosteiro de Caaveiro.

CPR María Assumpta.

CEIP de Covas.

CEIP Sada y sus Contornos.

CEP Altamira.

CEIP Valle Inclán.

CEIP A Laxe-Valón.

CEIP de Bandeira.

CEIP Frei Luis de Granada.

CRA de Valdoviño.