Arquivos mensuais: Novembro 2016

Día do Peón 2016: Acto Central

Como ben sabedes, nesta edición do Día do Peón o Acto Central desenvolveuse no MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia).

Captura_Lun Nov 21 18:13:39

Resulta destacable a calidade das actuacións desenvolvidas no mesmo, entre elas a presenza do prestixioso escritor Xabier Docampo, autor do Manifesto deste ano.

Pódese acceder á información relativa a esta actividade mediante a páxina web do Melga facendo clic na seguinte imaxe:

IMG_1011

Só nos queda agradecer ao MELGA e á Fundación Pérez y Verdes a colaboración prestada organizando este Acto Central, así como felicitalos polos resultados obtidos.

Acto Central do Día do Peón: Programa

Xa estamos en disposición de facer chegar o programa de actividades a desenvolver no Acto Central do Día do Peón, que nesta ocasión realizarase no Museo Etnolúdico de Galicia ubicado en Ponteceso.

Facendo clic na seguinte imaxe poderedes acceder a el:

Captura_Mar Nov  8 19:50:16

O Xogo Tradicional terá presenza no VI Congreso Mundial do Deporte Escolar, Educación Física e Psicomotricidade.

Dentro deste congreso, que se celebra entre os días 3 e 5 de novembro na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña, o xogo tradicional terá presenza grazas a dúas intervencións.

congreso

O xoves 3 de novembro, o investigador galego Apolinar Graña Varela exporá a seguinte comunicación: “Unha aproximación etnográfica aos xogos populares e aos seus valores”.

congreso2

O venres 4 de novembro haberá unha conferencia, impartida pola profesora da Universidade de Valencia Estefanía Sales Borrás, sobre “Os xogos e deportes tradicionais no currículo educativo. Modelos de recuperación e práctica”.