Despois de ter que ser adiado debido á climatoloxía que imperou durante o mes de novembro, onte desenvolveuse ao fin o Acto Central do Día do Peón.
Coa inestimable colaboración do Concello de Outes, alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe de Outes puideron gozar das seguintes actividades:
- Exposición de peóns.

- Obradoiro de decoración de peóns.


- Demostración en vivo dun torneiro.


- Demostración de como se baila unha trompa.

- E como non, xogos e baile de peóns.


Agardamos que toda a xente participante teña gozado da xornada tanto coma a nós nos presta fomentala.
