Arquivo por etiquetas: exposición

Exposición sobre o peón en Barcelona

Artesanía Catalunya inaugura a exposición “La baldufa, un mon d’amics”, unha Exposición que dura dende o 13 de Febreiro ate o 18 de Abril.

A Exposición tamén realizará actividades paralelas e obradoiros para os máis pequenos.

Exposición de Xogos tradicionais en Zaragoza

O Centro de Historia de Zaragoza alberga desde pasado venres 12 de marzo e até o 23 de maio unha máis que interesante exposición de xogos e deportes tradicionais. Até 160 xogos compostos por innumerables pezas amosarán como, através dos xogos, os distintos pobos de Europa compartillan unha linguaxe común.

A empresa Ludere e o concello de Zaragoza organizan esta mostra que tamén pretende “ser mostra da vocación europeísta da cidade” e axudar a impulsar a candidatura á capitalidade europea da Cultura á que aspira a cidade aragonesa no 2016.

A exposición está baseada en pezas que Fernando Maestro Guerrero, comisario da mesma, foi recollendo ao longo de 34 anos, e coas que o visitante poderá descubrir múltiples variedades dun mesmo xogo, ao tempo que lembrar vivencias que permaneceron inalteradas ao longo de toda a súa vida ou mesmo outras práticas hoxendía xa desaparecidas.

Así, poderanse contemplar xogos e deportes tradicionais agrupados en familias: infantís, de puntería, galanteo, birlos, pelota, loitas, lanzamentos, xogos de orixe laboral, con animais ou festivos, así como unha pequena selección de trompos e unha serie de fantásticas fotografías recompiladas de entre 64.000 instantáneas.

Procedentes de Bélxica, Alemaña, Franza, Italia, Gran Bretaña, Escocia, Italia, Holanda, Irlanda, Portugal e distintos puntos de España, entre os que Galicia tamén conta co seu espazo importante, as pezas datan desde mediados do século XIX até o 1992.

De xeito paralelo á exposición, organizaranse diversos obradoiros de xogos tradicionais e de exibición acrobática e práctica con trompos, que se desenvolverán durante os días 4, 8, 11 e 23 de Abril, de 11 a 14 horas.

Através de visitas guiadas para centros escolares xa está confirmada a presenza de aquí ao final da exposición de 1168 escolares e 127 profesoras/es de 42 centros de ensino

A inauguración desta exposición coincide coa presenza en Zaragoza da Xunta Directiva da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais, que celebrará unha das dúas reunións anuais na que se avanzará a constitución da asociación mundial de xogos tradicionais.

Grazas a xogospopulares.com pola ampliación da información.