O pasado 5 de xaneiro a TVG emitiu, no programa “De quen vés sendo?”, unha reportaxe sobre o labor que dende hai xa uns anos diferentes entidades galegas están a desenvolver a prol dos Xogos e Deportes Tradicionais.
As entidades que aparecen en dita reportaxe son as seguintes:
- O CEIP Mosteiro de Caaveiro de A Capela, co seu Centro de Interpretación do Xogo Tradicional eo seu “Proxecto Brinquedos”.
- A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.
- A Chave de Compostela.
- A Asociación “O Varal” da Billarda da Mariña.
A partires do minuto 27:40 é cando comeza a reportaxe en cuestión. Podedes acceder ao contido emitido a través da páxina web da TVG facendo clic na seguinte imaxe: