Convocado o IX Encontro Escolar de Xogos Tradicionais.

A semana pasada enviouse por correo electrónico a tódolos centros educativos de Galicia e a entidades vencelladas ao mundo do xogo tradicional a convocatoria desta edición.

Salientamos que nesta ocasión o Encontro traspasa fronteiras xa que se celebrará na vila portuguesa de Melgaço o sábado 23 de maio, para o cal contamos coa colaboración fundamental da Asociación Ponte … nas Ondas! e da Cámara Municipal de Melgaço.

Centrodeestágios

 

Poderedes atopar máis información deste evento e seguir a actualidade informativa do mesmo a través do apartado específico desta web, Encontro Escolar.

Deixa unha resposta