Hoxe, martes 18 de maio de 2010, tivo lugar a presentación, para os medios de comunicación, do V Encontro escolar de xogos tradicionais no salón de actos do Mupega, en Compostela.
No acto estiveron presentes Xabier López e Carmela Rodríguez, da directiva de Brinquedia (entidade organizadora) e Laura Mosquera e Francisco Javier González (Coordinadores do deporte escolar – Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia), un dos organismos patrocinadores do evento.
Por problemas de axenda non poideron estar presentes outros representantes dos distintos organismos, entidades ou empresas patrocinadores do evento.