XII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais: que pasou?

O pasado sábado celebrabamos en San Sadurniño a duodécima edición do Encontro Escolar de Xogos Tradicionais.

Entre alumnado, profesorado acompañante, familias, colaboradores e membros da organización, déronse cita neste evento máis de 400 persoas.

Afortunadamente, a climatoloxía acompañou e o Encontro celebrouse sen incidencias.

Dende Brinquedia só nos queda agradecer o labor de tantas entidades e persoas que axudaron a que esta actividade puidera levarse a cabo. A saber:

  • Concello de San Sadurniño, pola súa colaboración á hora de organizar e de prestar todas as facilidades que estaban nas súas mans.
  • Ao voluntariado e ao profesorado dos CIFP Ánxel Casal (A Coruña) e Ferrolterra (Ferrol), porque sen eles os xogos da mañá non serían o mesmo.
  • A Manolo e Pepe, por volver agasallarnos cun fabuloso Obradoiro de Enredos.
  • A Gadisa e Feiraco, por proporcionarnos vituallas para repoñer forzas.
  • A Sedega, polo empréstito de materiais (carpas, mesas, materiais de xogos, …) así coma dun vehículo para o transporte dos mesmos.
  • Á Asociación Torneiros de Madeira “Virutas”, por botar toda a xornada coas súas fantásticas demostracións.
  • A OZOCOgz, por demostrar que é posible comercializar produtos co selo da nosa cultura.
  • Ás entidades colaboradoras nas actividades da tarde:

E como máis vale unha imaxe ca mil palabras, deixámosvos cun vídeo caseiro que pensamos que reflicte moi ben todo o sucedido neste Encontro (clic na imaxe para visualizalo):

Deixa unha resposta