Día do Peón 2010

dia do peon 2010

O vindeiro xoves 11 de novembro Brinquedia convoca unha nova edición do Día do Peón. Despois das 5 edicións anteriores, a data vaise asentando para todas aquelas entidades que traballan arredor do xogo tradicional no noso país, nomeadamente nos centros de ensino. A repercusión e participación medra ano tras ano (acadando nas últimas edicións cifras superiores ás 10.000 persoas), e mantendo entre os seus obxectivos o de divulgar iniciativas encamiñadas á recuperación e conservación das actividades lúdicas tradicionais.
A convocatoria non só está dirixida aos centros de ensino, malia seren os maiores organizadores desta campaña, senón aos concellos, asociacións, institucións e mesmo a colectivos de galegas/os no exterior.
Lembramos que a estacionalidade deste xogo ven marcada na fraseoloxía galega por varios refráns tais como Polo San Martiño, peóns ao camiño, Polo Santo Amaro, peóns ao faiado, Polo Santo Antón, trompos ao caixón, Pola Santa Olaia, peóns á borralla

Para o día (11 de novembro) ás 12 da mañá, proponse a leitura dun Manifesto (que será publicado nos próximos días) e a concentración de nenas, nenos e persoas maiores, coa finalidade de bailar milleiros de peóns en diferentes escolas, prazas públicas e/ou espazos cubertos do noso país. O Acto central do día terá lugar en Melide, organizado pola AGXPT e o Concello de Melide. Está previsto para as 12 h. na Praza do Convento.

Este é o cartaz do acto central

día do peón 2010

día do peón 2010

Abaixo  pódese consultar o cartaz da convocatoria, no que aparece unha batería de actividades propostas para desenvolver antes, durante ou despois dese data

Tamén poñemos á vosa disposición, para ser lido en todas as celebracións, o manifesto do día do peón 2010 en Melide elaborado polo escritor Xosé Vázquez Pintor

Como ven sendo costume, desde Brinquedia agradecemos a participación nesta convocatoria e solicitamos a confirmación de participación da vosa entidade, ben através deste web ou do noso correo-e (brinquedia@brinquedia.net) cos seguintes dados:
– nome da entidade
– número previsto de participantes
– actividades a desenvolver

Cada ano somos máis, cada ano xogamos máis e este ano canteremos máis.

Por segunda vez “O día do peón” contará cunha canción cedida para a ocasión pola Banda Ourensons: “Como o trompo“. Unha máis que atractiva canción que, de seguro, gustará aos máis pequenos e aos que non son tan pequenos.

canción do peón 2010:

canción do peón 2009

Como o trompo

Fai clic aquí para a versión para imprimir (que foi utilizada na celebración do ano 2009)

Para gardar o documento e o arquivo de audio, hai que facer clic secundario sobre a ligazón e optar por “descargar arquivo”.

Acompañámola tamén coa letra da canción.

Ven comigo “pra” rúa xogar coa bóla ti me tiras punteirazos, eu che fago un paradón.

Tamén podemos, se queres, probar coa chave dalle ás aspas co peso, ponlle toda a túa atención.

E non deixes de xirar e non deixes de xirar

Fago o camiño como o trompo en San Martiño fago o camiño e non deixo de xirar (bis)

Trouxen hoxe dous paus para divertirnos lanza ao aire a billarda dalle forte co palán.

Máis tarde poderiamos marchar coas bicis temos camiño dabondo e diante todo o serán.

E non deixes de xirar e non deixes de xirar

Fago o camiño como o trompo en San Martiño fago o camiño e non deixo de xirar (bis)

Ao tempo que consultades algúns lugares web que poden ser de interese para esta actividade:

– Canle de Brinquedia en youtube
Amics de la Baldufa
Saturnotruco – Fabrican peonzas
Informacion, instruccions…
Videos, truques e mais sobre o trompo

– Blog da Ikastola Alkartu de Barakaldo

3 respostas a “Día do Peón 2010

Deixa unha resposta