Xa hai data para o Acto Central do Día do Peón.

Como hai ben pouco publicamos, o Acto Central tivo que ser adiado debido ás inclemencias meteorolóxicas.

Pero xa temos data, a cal respecta a fraseoloxía que rodea ao mundo do peón: o día 30 de novembro. “Polo Santo André, peóns aos pés” ou “Polo Santo André, peóns outra ‘ves’ “.

E onde se vai celebrar? Se o tempo o permite, na praza de San Gregorio de Carnota. En caso de chover, a actividade trasladarase ao pavillón.

Agardamos que desta volta os peóns teñan a oportunidade de volver ser protagonistas por un día.

Deixa unha resposta