Arquivo da categoría: novas

II Foro Europeo de Xogos e Deportes Tradicionais

Organizado pola Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais, este Foro desenvolveuse os pasados días 14 e 15.

Dado que foi desenvolto mediante videoconferencia e de que foi gravado en vídeo e colgado pola entidade organizadora na súa canle de Youtube, poñemos ao voso alcance a ligazón directa a esta canle na que se poden visualizar as diferentes sesións. Para iso non tedes máis que facer clic na seguinte imaxe:

Novo recoñecemento para os “Xoguetes naturais”.

A Xunta de Galicia ven de facerlle un merecido recoñecemento a dous membros de Brinquedia, Manolo e Pepe, polo seu labor de recollida e espallamento do seu traballo relacionado coa construción de enredos tradicionais.

Non tes máis que premer na seguinte imaxe para saber do asunto:

Xornada de Xogos Tradicionais no IES Porto do Son

A mañá do xoves 25 de febreiro os alumnos do ciclo medio de “Técnico en condución de actividades físicas no medio natural” coa súa profesora Paula recibiron a visita de Daniel Pino e X. Manuel Barreiro, membros de Brinquedia.

   

Durante as máis de dúas horas que durou a xornada o alumnado tivo a oportunidade de descubrir unha serie de xogos tradicionais como “ os ovos”, “os tres pés”, “os aros”, “pasa perico,pasa mosteiro”, “ a billarda”, a zorregada co cinto”, “ a malla”,“ a trompa”… que non só os fixeron gozar coa súa práctica senón que ademais servíronlle para encher o seu cartafol dunha sabedoría que de seguro lles será de moita utilidade nun futuro moi próximo.

   

A xornada resultou moi frutífera , tanto para o alumnado como para o profesorado e monitorado. Nela púidose comprobar a validez dos enredos de sempre para as actividades a desenvolver en dito ciclo como constatar que o esforzo e compromiso de moita xente co noso patrimonio lúdico está prendendo nas novas xeracións, o que nos fai ver o futuro con moita esperanza e afrontalo con renovadas ilusións.