Arquivo da categoría: galería de imaxes

Xornadas de formación de voluntariado para o V Encontro escolar de xogos tradicionais

O venres 9 de Abril na Coruña (CIFP Ánxel Casal) e o sábado 10 de Abril en Lugo (Pazo de Feiras e Congresos) celebráronse as primeiras quendas de formación do voluntariado que participará no V Encontro escolar de xogos tradicionais.

Baixo a dirección de Xabier López, Carmela Rodríguez e Alberto Casal (membros da directiva de Brinquedia), unha trintena de persoas vivenciaron as diferentes propostas lúdicas que o 22 de Maio poderán atoparse no citado Encontro escolar.

Hai que salientar a boa disposición que amosaron todas as persoas participantes, quizais tamén debido á súa formación en organización de actividades, animación e dinamización sociocultural, así como ás direccións dos centros onde se realizou dita formación, poñendo ao noso dispor as súas instalacións.

Outro feito singular é a disparidade de procedencias das participantes (en feminino, pois na súa maioría foron mulleres), tanto da nosa xeografía como incluso de fóra do país.

[altpwa user=brinquedia album=FormacionVoluntariadoVEncontroEscolarDeXogoTradicional]

Actualizadas as imaxes do Día do peón 2009

Pouco a pouco imos aumentando a cantidade de fotos que temos do Día do peón no Acto Central da Alameda en Santiago de Compostela. Para poder ver as fotos facede clic aquí

O Día do peón 2009 fóra de Galiza

Non só na nosa terra estamos a festexar o Día do peón; tamén temos novas de que esta iniciativa está tendo bastante éxito noutros lugares, como en Cantabria e Cataluña.

[altpwa user=brinquedia album=ODiaDoPeonEnCantabria]

En Euskadi

[altpwa user=brinquedia album=ZibaEguna2009]

Moitisimas grazas a Cristina, a Carmen, a Joseba, a todos os membros da Associació Amics de la baldufa e a tantos máis…  pola súa aportación e traballo co peón.