Category Archives: dia do peón

Mapa do Día do Peón 2012

Aquí temos a distribución xeográfica de participantes nesta edición do Día do Peón.

Agradecémoslle a tódolos centros participantes a información enviada sobre a súa implicación nesta actividade.

Así mesmo, destacamos a participación, un ano máis, da Ikastola Alkartu de Barakaldo, onde máis de 600 persoas entre alumnado, profesorado e familias tomaron parte no evento. Pódese atopar máis información ó respecto nesta ligazón, así coma visualizar unha galería de fotos.

Ademais, tamén fíxose eco desta actividade o Instituto de Flix (Tarragona). Pódese atopar máis información neste blogue.

Mostra sobre traballos dixitais ó redor do peón.

Dende o CEIP de Vite achegan un par de exemplos de traballos dixitais elaborados polo seu alumnado relacionados co peón.

Noraboa a estes alumnos e alumnas, e ó profesorado que tivo a boa idea de encamiñalos nestes traballos.

En primeiro lugar vai o traballo elaborado por Leo Espiña Otero, de 5º de Educación Primaria: ligazón.

E agora o de dous nenos de 6º de Primaria, Pablo e Marcos: ligazón.

Día do Peón 2012: que pasou?

O pasado venres 9 de novembro celebrouse, baixo a convocatoria de Brinquedia, a oitava edición do Día do Peón.

Ate o momento, segundo os datos que temos recibido, participaron nesta actividade un total de 25 centros educativos galegos, sumando un total de participantes (entre alumnas/os e mestras/es) que suoera os 4.000.

Os centros participantes que publicaron algunha nova ó respecto na súa web ou na do dalgún equipo ou departamento son os seguintes:

CPI Ponte Carreira (Ponte Carreira): ligazón.

CEIP Valle Inclán (Oleiros): ligazón.

CEIP de Vite (Santiago): ligazón1, ligazón2.

CEIP de Covas (Viveiro): ligazón.

CEIP de Seixo (Marín): ligazón.

CEIP de Bandeira (Bandeira): ligazón1, ligazón2.

CPR María Assumpta (Noia): ligazón1, ligazón2.

CRA Amencer (Ribadavia): ligazón.

CEIP A Laxe-Valón (Ferrol): ligazón.

CEIP Alfredo Brañas (A Laracha): ligazón.

CEIP Sada y sus Contornos: ligazón.

CPI de San Sadurniño: ligazón.

CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela): ligazón.

CEIP Porto-Cabeiro (Redondela): ligazón.

Así mesmo, outro ano máis o Día do Peón traspasou as fronteiras de Galicia e tivo eco no País Basco, concretamente na Ikastola Alkartu de Barakaldo (Vizcaia), onde celebran o Ziba Eguna. Facendo clic na imaxe de abaixo accederedes ó blog de Joseba, o maior “responsable” desta actividade e a quen temos que agradecerlle a súa colaboración.

Agardamos que continúen chegando notificacións de centros que tomaron parte nesta iniciativa e que se incremente o número de participantes.