O sábado 30 de xuño tivo lugar na FIG de Silleda o IV Encontro Escolar de xogos tradicionais.
Nesta cuarta edición contamos con máis de 800 participantes vidos dos diferentes centros educativos, pero ese número veuse amplamente incrementado se temos en conta a ggran cantiaddes de familias que se achegaron para participar cos seus pequenos e pequenas nos diferentes xogos e actividades.
Durante a mañá tivo lugar a práctica dos diferentes xogos tradicionais, sendo a estrela deste ano as carrilanas. Despois do merecido xantar e descanso Celso Sanmartín aproveitou para ofrecer unha das súas famosas narracións, mentres que no campo de céspede as nosas maiores e os nosos maiores dos xogos das tres modalidades de A Chave, a Estornela, e diferentes modalidades de Birlos amosaron como se practica dende a perspectiva de adulto aos diferentes xogos tradicionais e, de paso, participaron cos máis pequenos.
Podedes ver a galería de imaxes do evento aquí.