Arquivo por etiquetas: novas

IV Encontro Escolar

sábado 30 de xuño tivo lugar na FIG de SilledaIV Encontro Escolar de xogos tradicionais.

Nesta cuarta edición contamos con máis de 800 participantes vidos dos diferentes centros educativos, pero ese número veuse amplamente incrementado se temos en conta a ggran cantiaddes de familias que se achegaron para participar cos seus pequenos e pequenas nos diferentes xogos e actividades.

Durante a mañá tivo lugar a práctica dos diferentes xogos tradicionais, sendo a estrela deste ano as carrilanas. Despois do merecido xantar e descanso Celso Sanmartín aproveitou para ofrecer unha das súas famosas narracións, mentres que no campo de céspede as nosas maiores e os nosos maiores dos xogos das tres modalidades de A Chave, a Estornela, e diferentes modalidades de Birlos amosaron como se practica dende a perspectiva de adulto aos diferentes xogos tradicionais e, de paso, participaron cos máis pequenos.

Podedes ver a galería de imaxes do evento aquí.

Congreso Internacional en Aranda del Duero

A pasada semana, concretamente entre o 10 e 13 de xullo tivo lugar o Congreso Internacional de Xogo Tradicional en Aranda del Duero Ribera  del Duero 2009 . Membros da directiva de Brinquedia, así como de asociacións como AGXPT, das asociacións do xogo da chave de Ourense, Santiago e Ferrolterra, de loita galega e de birlos estiveron presentes nesta cita.

Unha dos resultados máis importantes saídos do congreso internacional e de cara ao futuro será a creación da Asociación mundial do xogo tradicional.

Presentación

AQuí empeza unha etapa de Brinquedia na Rede, cun lugar propio onde aparecerán as novas, as imaxes e a información sobre todo o relaxcionado co xogo tradicional.

Se tedes algunha información que achegarnos, só tedes  que enviarnos un email a Brinquedia.

Un saúdo e aló imos.