A pasada semana, concretamente entre o 10 e 13 de xullo tivo lugar o Congreso Internacional de Xogo Tradicional en Aranda del Duero “Ribera del Duero 2009“ . Membros da directiva de Brinquedia, así como de asociacións como AGXPT, das asociacións do xogo da chave de Ourense, Santiago e Ferrolterra, de loita galega e de birlos estiveron presentes nesta cita.
Unha dos resultados máis importantes saídos do congreso internacional e de cara ao futuro será a creación da Asociación mundial do xogo tradicional.