Concreción de aspectos relativos á organización do V Encontro escolar de xogos tradicionais: será o 22 de maio nas instalacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Novidades con respecto a outros anos:
Posibles exhibicións novas, ademais das que veñen sendo habituais: bólos de Castro de Rei, as tabas, a pateza (semellante á petanca, xógase en San Tirso de Abres), yo-yó, diábolo, a cocha (chámanlle así ao xogo da porca na zona do Piornedo)
Intentarase dispoñer de espazos expositivos nos que haxa artesáns, libreirías, xogueterías… e nos que así mesmo terán cabida todas as asociacións, empresas … adheridas a Brinquedia, que o soliciten.
As voluntarias/os que sexan universitarias/os terán certificación de homologación das horas de formación. Farase, se é posible, unha xornada na Coruña (para facilitar a asistencia do alumnado do CIFP Ánxel Casal, que colabora por primeira vez como voluntariado) e outra en Lugo, nas propias instalacións.
Contactos coa Administración: producíronse varias entrevistas nas que se conseguiron algúns resultados positivos, pero pensamos que as relacións terían que ser moito máis productivas para todo o que conleva a nosa asociación.
- Consellería de Educación (setembro)
- Secretaría Xeral para o Deporte (outubro, novembro, decembro, febreiro, marzo)
- Pendentes novos contactos cos mesmos organismos e coa Consellería de Cultura
Participacións de Brinquedia na organización de eventos, a través de algún dos seus asociados:
- Festa de celebración do Día da Independencia do Senegal – Ourense
- Actos da festa de chegada da primavera chinesa (festa dos papaventos) – Ourense
- Actividade Erasmus “FISU” – Vigo
Renovación da Xunta directiva: está prevista unha renovación da Xunta directiva para o que se convocará a correspondente asambleia de cara ao mes de xuño.
Asamblea da AEJDT: posibilidade que a reunión correspondente á primavera de 2011 se realice en Santiago de Compostela.