Este proxecto, denominado OPPORTUNITY, atópase en fase de elaboración. Basicamente consiste en favorecer a inclusión social e a igualdade de xénero a través dos Xogos Tradicionais.
A participación está aberta a centros educativos, centros de ocio, federacións de xogos deportivos ou calquera outra institución que poda estar interesada en participar nesta experiencia.
Facendo clic na seguinte imaxe pódese acceder á carta de convite, na cal atoparedes máis información respecto deste proxecto:
E, de estar interesados en participar, teredes que cubrir e enviar este cuestionario antes do 8 de marzo.
Dende Brinquedia animámosvos a tomar parte nesta interesante iniciativa.