Achegándose xa a data do San Martiño, agardamos que non só treman os porcos polo seu futuro senón que tamén comecen a facelo as rúas e prazas do país baixo o bruar dos peóns.
Chegamos este ano á bonita cifra de 15 edicións convocando esta actividade para pór de relevo a nosa tradición lúdica e cultural, e animamos a toda aquela persoa ou entidade interesada en secundala e promovela a que así o faga.
Podemos xa confirmar que o Acto Central, amparado polo Concello de Outes, desenvolverase na Horta do Muíño a partires das 12:00 h co seguinte plan de actividades:
- Decoración de peóns e bailaretes.
- Demostración dun torneiro.
- Lanzamento da trompa.
- Lectura do Manifesto.
- Lanzamento colectivo.
E para quen queira facer uso do cartaz desta convocatoria, pode descargalo facendo clic na seguinte imaxe:
Xa para rematar, lembravos que no apartado de “Recursos” contades cunha serie de documentos e actividades que vos poden ser de moita utilidade.
Ide remexendo no faiado para rescatar o voso peón!