A undécima edición do Encontro escolar viaxou este ano para a cidade de Narón.
O sábado 27 de maio os xogos de sempre deixáronse ver polas marabillosas instalacións do CPI do Feal (Narón). Nelas, uns 400 nenos e nenas vidos de diferentes colexios de Galicia compartiron carreiras, saltos, habilidades que fan dos xogos non só un motivo de diversión senón tamén de relación.
O Encontro comezou sobre ás 11 horas cunha primeira quenda de xogos, ao que deu lugar un tempo de lecer (12:15h) onde os nenos repuxeron forzas cunha pequena merenda, para a continuación, dar entrada a unha segunda quenda que remataría sobre ás 14 horas. Momento este no que os peóns, cordas, mariolas e demais deron paso a unhas apetecibles viandas que foron devoradas nun visto e non visto.
As 15:30 horas mentres os máis pequenos se divertían co espectáculos da compañía “Paporrubio” os demais coas familias participaban nas diversas exhibicións que se estendían polo patio. Aí estaban as chaves, os bólos, a loita, a billarda…facendo recordar a máis dun tempos non tan lonxanos.
E así entre intento e intento foise achegando o tempo de rematar (17:30h) Os colexios participantes e demais colaboradores foron agasallados cunha camiseta conmemorativa do encontro e por suposto co máis grande dos agradecementos da xente de Brinquedia que organizou algo que sen eles sería imposible.
Reiteramos o noso agradecemento a…
- Concello de Narón, coa Concellería de Cultura á fronte.
- Equipo directivo do CPI O Feal.
- Colexios participantes.
- SEDEGA, pola súa achega loxística.
- Torneiros da Asociación Virutas, pola súa marabillosa demostración de bo facer cun torno.
- Xotramu, cos seus fantásticos xogos e enredos e pola billarda
- Ozocogz deseño
- Pepe e Manuel, responsables do Obradoiro de Enredos.
- Mupega
- GADISA
- FEIRACO
- Voluntariado dos centros CIFP Ánxel Casal de A Coruña e CIFP de Ferrolterra.
- Club de birlos “Arcasco” de Riotorto.
- Juanjo, por traernos os birlos de Parada de Sil.
- Club “A Cambadela”, por achegarmos á loita tradicional galega.
- A Carmen e Uxío, polo fantástico obradoiro de Xogos Musicais.
- Á xente das chaves de Santiago e Ferrolterra.
- A Carballo Vivo, de Friol, polo seu “arrebolamento de goxo”.