O pasado martes 11 de novembro celebrouse, baixo a convocatoria de Brinquedia, a 10ª edición do Día do Peón.
Os datos máis salientables desta edición son os seguintes:
- 22 centros educativos participantes.
- Preto de 4000 de alumn@s facendo bailar os seus peóns.
- Máis de 260 mestras e mestres colabourando na celebración.
- O Acto Central celebrouse en Manzaneda, contando para elo coa colaboración co Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, o Concello de Manzaneda e o CEIP de Manzaneda.
É de lamentar que, con respecto á anterior edición, produciuse unha diminución tanto de centros participantes coma de alumnado e profesorado. A distribución de centros e alumnado participante pode consultarse facendo clic na seguinte imaxe:
E xa por último, aí van algunhas cousas publicadas nas páxinas webs dalgúns dos centros participantes (se esquecemos algunha, por favor enviade a ligazón a brinquedia@brinquedia.net e engadirémola):
IES de Melide: convite a participar; documental sobre o peón; vídeo da actividade.
CEIP de Vite I: o peón, un xoguete de sempre; o peón: vocabulario, xogos e trucos; peóns decorados; fotos.
EEI de Vide. CEP Altamira. CEIP Esteiro (Ferrol). CPI Ponte Carreira.
CPI San Sadurniño. CEP Altamira. CEIP Concepción Arenal.
CEP Santa Tegra. CPR María Assumpta. CEIP de Bandeira.