Outro ano máis, achegándonos ao mes de novembro, temos a ben convocar a celebración do Día do Peón.
Baixo o lema de “Polo San Martiño, peóns ao camiño”, pretendemos que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto por nenos como polos non tan nenos, bailen e requebren por toda a xeografía galega.
Así, nun correo electrónico enviado aos centros de ensino galegos, así coma a outras entidades e asociacións, convidamos a participar nesta actividade que, neste ano, suma xa a súa décima edición.
A documentación elaborada para esta edición é a seguinte, podéndose descargar cada un dos documentos facendo clic na súa respectiva imaxe:
Cartaz Ligazóns de interese
Manifesto Exposición “O peón, un mundo de amigos”
Ficha de recollida de datos para os centros participantes
Por outra banda, na nosa canle de Brinquedia en Youtube, hai colgados uns vídeos que consideramos poden ser do voso interese.
E xa para rematar, convidámosvos tamén a participar na IV Mostra Mundial de Peóns Decorados. Para obter máis información ao respecto, facede clic na seguinte imaxe:
Pingback: DÍA DO PEÓN 2014 | leriasdevite