A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, xunto a Nova Escola Galega, ven de convocar o I Curso de formación sobre o patrimonio lúdico. “Os xogos tradicionais. Perspectiva educativa”, que se vai desenvolver nas instalacións do IES de Melide os días 2 e 3 de outubro de 2009
O curso ten un límite de 80 prazas e está dirixido ao profesorado de ensino primario e secundario, así como a Educadores/as do Tempo Libre. Para participar, hai que achegar a ficha de inscrición xunto ao xustificante de pagamento. Esta ficha pode atoparse tamén dende a web da AGXPT ou de NEG.
Máis información sobre os contidos e o procedimento do curso aquí
Actualización:
A valoración do curso será de 12 HORAS (en trámite a homologación da actividade por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).
A matrícula terá os seguintes custes:
- Até 27 de setembro de 2009:
- Socias/os de Nova Escola Galega: 15 euros.
- Estudantes e paradas/os: 15 euros (é precisa xustificación documental).
- Cota ordinaria: 25 euros.
- A partir do 28 de setembro de 2009:
- Socias/os de Nova Escola Galega: 25 euros.
- Estudantes e paradas/os: 25 euros (é precisa xustificación documental).
- Cota ordinaria: 35 euros.
Forma de pagamento:
Transferencia bancaria á conta da AGXPT en Caixa Galicia
2091 – 0337 – 84 – 3040006072