Arquivos mensuais: Xuño 2015

II Parada Familiar de Xogos Tradicionais en San Sadurniño

O ano pasado comezaba a andadura deste evento no concello coruñés de San Sadurniño, cun nivel de participación máis que aceptable.

A idea do mesmo consiste en conxugar xogo tradicional e participación das familias, implicando a diferentes axentes sociais e persoas tanto do concello como dos arredores.

Podedes atopar máis información no seu blog facendo clic na seguinte imaxe:

cartaz_reducido

VII edición de XOTRAMU

Coma cada primeiro domingo de xuño de hai xa uns anos, @s compañeir@s de XOTRAMU organizan a súa Festa de Xogos Tradicionais. Unha vez visto o programa, non podemos menos que felicitalos por ese afán de manter vivo o noso patrimonio lúdico e polo esforzo que levan a cabo para ofertar en cada edición actividades novidosas.

Podedes atopar máis información do evento na súa páxina web facendo clic na seguinte imaxe:

cartelVIIfestaxogosnovoMini